O prazo de execución dos traballos é de tres meses.
O Concello de Ferrol segue avanzando no coidado e conservación do patrimonio etnográfico. A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación das obras de rehabilitación do lavadoiro de Esmelle á empresa Meraki CR SL por un importe de 52.998 euros. “Cumprimos coa demanda da asociación de veciños de recuperar este lavadoiro, cuxo proxecto estaba sen actualizar dende o ano 2021”, afirmou o rexedor, José Manuel Rey Varela.
O lavadoiro, construído en 1960, ten unha planta rectangular e a súa superficie é de 42 metros cadrados, na que se inclúe tanto a pía de cantería de pedra como as zonas de acceso e estancia.
MELLORAS NA ESTRUTURA
O proxecto contempla catro actuacións principais. Así, levarase a cabo a retirada das tellas cerámicas curvas existentes na cuberta e o desmontaxe da estrutura de madeira actual. Posteriormente, procederase á demolición das vigas e piares da estrutura de formigón existente, debido ao seu deficiente estado de conservación.
A segunda actuación consistirá na instalación dunha nova estrutura de madeira de castiñeiro tratada e substituirase a cuberta actual de tella cerámica curva por unha nova solución de cobertura que garanta a correcta protección e funcionalidade do conxunto.
O prazo de execución é de tres meses.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
