Equiocio Ferrol e Patronato Concepción Arenal volven unir forzas a favor da integración sociolaboral da comunidade migrante

A asociación elabora nos seus talleres de carpintería os ecotrofeos do evento, e do 6 ao 9 de agosto, o persoal da entidade poñerase ao fronte do Punto Violeta e dos espazos de conciliación de Equiocio Ferrol.

Fuente Equiocio Ferrol

Equiocio Ferrol e Patronato Concepción Arenal renovan o seu acordo de colaboración de cara á 35 edición do certame, que se celebra en Covas-Ferrol do 6 ao 9 de agosto.

Un ano máis, unen forzas a favor da integración socio-laboral da comunidade migrante, colaborando en programas formativos e de inserción. Así, a directora de Equiocio Ferrol, Ana Pérez Lago, avanzaba que Patronato Concepción Arenal volverá encargarse da construción dos ecotrofeos. Será a través dos talleres de carpintería e reciclaxe que desenvolve nas súas instalacións co ánimo de abrir unha nova porta ao mercado de traballo a homes e mulleres inmigrantes.

Utilizan vellos palets, aos que dan unha nova vida, nunha aposta pola sostibilidade. Doutra banda, o acordo contempla a contratación do persoal técnico encargado de poñerse ao fronte do Punto Violeta de Equiocio Ferrol, un espazo seguro onde sensibilizar, previr e atender a vítimas de calquera tipo de agresión sexista ou acoso.

Fuente Equiocio Ferrol

Equiocio Ferrol tamén confiará a Patronato os seus espazos de conciliación. Persoal da asociación guiará as actividades de lecer didáctico dirixidas a nenos e nenas de 3 a 12 anos que se ofertarán gratuítamente todos os días do certame de 11 a 14 horas e de 16 a 21 horas.

Unha medida coa que ofrecer unha proposta de ocio para os máis pequenos da casa, e favorecer tamén o seguemento da competición por parte dos seus pais, nais e familias. Finalmente, o evento cederá a Patronato Concepción Arenal un lugar destacado no espazo gastro para recadar fondos coa elaboración e venda de pizzas. Unha iniciativa que obtivo moi boa acollida por parte do público en edicións anteriores, e que permite sumar fondos para os programas asistenciais da entidade.

O certame contará na súa edición 35 aniversario como principais patrocinadores coa Xunta de Galicia, Concello de Ferrol, Deputación da Coruña, así como con Estrella Galicia, Gadis e Integral Motion. Hai que sumar ademais as colaboracións de UDC, Deporte Galego, JRilo, Sogama, FHG, Pavo e a Comunidade de montes en man común Covas- Esmelle.

Lea también

La ciudad naval acoge el XXVI Open de tenis en silla de ruedas Ciudad de Ferrol

El concejal de Deportes, Ricardo Aldrey, avanzó que Ferrol acoge hasta el domingo día 6 …