Valdoviño lamenta o vandalismo inflixido nunha das obras homenaxe a Rosalía de Castro

Unha das obras artísticas que homenaxean a Rosalía de Castro na contorna da praia da Frouxeira foi obxecto do vandalismo, e o rostro da nosa autora máis universal, creado a partir dos seus versos, aparecía cuberto por un graffitti.

Dende o Concello de Valdoviño lamentamos e condeamos este deplorable acto, e solicitamos a colaboración cidadá no caso de que algún veciño vise á/s persoa/s responsable/s.

Situada no edificio de aseos máis próximo á praia pequena, a obra fora creada polo pintor Manuel Carballeira, con motivo do Día de Rosalía, e forma parte dunha serie que vai medrando cada ano.

Lea también

Agredido un sindicalista de la CIG en As Pontes durante la colocación de una pancarta

La Confederación Intersindical Galega (CIG) ha manifestado su total condena y repulsa ante la agresión …