Neda informou nunha charla das claves para garantir a saúde ocular durante a eclipse solar

Momento da charla na casa das Palmeiras de Neda | Concello de Neda

Nin gafas de sol escuras, nin radiografías, nin gafas de soldar cun índice inferior a 14…Só unhas gafas homologadas para ver eclipses solares e unha boa dose de sentido común permitiranos desfrutar con seguridade do fenómeno astronómico que terá lugar o 12 de agosto. Jacinto Portela e Pedro Hernández, óptico-optimetristas de Portela ópticos, protagonizaron este xoves na Casa das Palmeiras a charla “A eclipse solar na túa retina: Anatomía dunha lesión invisible”, promovida polo Concello de Neda.

Jacinto Portela e Pedro Hernández, óptico-optimetristas de Portela ópticos

Na sesión, abordaron os posibles danos irreversibles que a observación, sen protección, da eclipse pode causar na retina ou na superficie ocular. Ademais, os expertos desmontaron mitos, e insistiron na necesidade de que as gafas para eclipses, que teñen que usarse durante todas as fases do fenómeno para observacións breves, cumpran a norma ISO 12312-2.. Advertiron finalmente do perigo que representaría mirar ao sol con prismáticos ou cámaras coa única protección das gafas. E apuntaron que gravar co móbil ou facer mil fotos a esgalla estragará o sensor de luz do smarthphone ou da cámara dixital, para os que existen filtros especiais.

Charla sobre o Eclipse | Concello de Neda

A iniciativa municipal concluíu co agasallo, por parte de Portela ópticos, de gafas homologadas ao público asistente para poder desfrutar , sen xogarse a vista, da aliñación de Sol, Lúa e Terra.

Lea también

Herida leve una persona después de que un tren arrollase las ramas de un árbol circulando por Ortigueira

Una persona ha resultado herida leve en la tarde de este viernes después de que …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *