Enrique Artero regresa ao Océano Surf Museo de Valdoviño coa exposición “O surf chega ao Cantábrico”

O acto de inauguración terá lugar este mércores ás 19:00 horas.

Oito anos despois, Enrique Artero volverá compartir co público a súa extraordinaria colección de táboas no Océano Surf Museo (OSM). Xunto ao alcalde, Alberto González, e a concelleira de Turismo, Rosana García, este mércores ás 19:00 horas inaugura a exposición “O surf chega ao Cantábrico”, e a partir de entón poderá visitarse na sala de expos temporais do OSM ata o 13 de setembro.

Con entrada libre, nestes horarios: de luns a xoves de 10:00 a 14:00 horas; venres de 10:00 a 14:00 h e de 18:00 a 20:00 h, e sábados e domingos de 16:00 a 20:00 horas.

Así mesmo, Enrique Artero guiará dúas visitas á mostra, acompañado doutros protagonistas da chegada do surf ao Cantábrico. Terán lugar durante a celebración do Pantín Classic, do 22 ao 30 de agosto de 2026, e informarase convenientemente das datas e horarios exactos.

A exposición inclúese no proxecto “Miradas ao mar: xornadas de divulgación sobre surf, turismo e patrimonio costeiro”. Un proxecto promovido polo Concello de Valdoviño e financiado polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura e a Consellería do Mar a través das axudas xestionadas polo GALP A Mariña-Ortegal.

O proxecto executarase ao longo das anualidades 2026 – 2028 combinando divulgación científica, sensibilización ambiental e promoción turística.

Lea también

Cativos de Concilia Tempos Verán participan en Pantín, Valdoviño, na campaña Veráns de Lecer Consumo

Ao longo da mañá celebráronse dúas sesións: xogueteando un lecer diferente e máis a xincana …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *