A Xunta destina máis de 48.000€ a obras de mellora da escola infantil de Ortigueira

A Xunta aproveita estes meses de verán nos que non hai actividade no centro para realizar diferentes traballos de mellora na escola infantil de Ortigueira. O xerente do Consorcio Galego de Servizos e Igualdade, Perfecto Rodríguez, visitou recentemente esta escola acompañado do alcalde, Valentín Calvín.

En concreto, o Consorcio financiará con máis de 48.000 euros obras de mellora dos muros exteriores e da accesibilidade do equipamento. Tamén se actuará na sala de usos múltiples, na que se instalará un novo pavimento e se renovarán os estores. Así mesmo, adquirirase novo mobiliario para o centro e xogos para a zona exterior.

Estas obras son froito dun convenio de colaboración asinado entre o ente autonómico e o Concello. Esta actuación súmase a outra realizada o pasado verán nesta escola, á que se destinou 16.000 euros e que consistiu na mellora do patrio exterior do centro, onde se instalou pavimento de caucho continuo para mellorar a seguridade dos nenos.

Lea también

Pantín Classic vuelve a convertirse en escenario de artesanos y productores locales

Valdoviño promueve varios puestos en el market del evento con la presenza de Ay Carmen!, …