A Gándara en Narón vístese de Entroido

O Concello de Narón e ASCM convocan unha nova edición do Entroido de Verán, con concurso de disfraces e pasarrúas polo barrio.
 
 
A concelleira de Festas de Narón, Mar Gómez, presentou este luns, xunto coa presidenta da Asociación Sociocultural ASCM, Paula Gárate, e os membros da Comisión de Festas da Gándara Jesús Doce e Ángel Gómez, o Entroido de Verán, que se celebrará o luns 27 de xullo, na praza da Gándara.
 
A cita está organizada pola ASCM co apoio do Concello de Narón e da Comisión de Festas da Gándara, cuxos membros colaboran activamente na organización do Día do Neno, actividade incluída dentro da programación das Festas de Santiago Apóstol.
 
A xornada dará comezo ás 17.00 horas co Día do Neno, e dará paso, xa dende as 18.30 horas, á concentración e inscrición no concurso de disfraces do Entroido de Verán. Ás 19.00 horas terá lugar o tradicional pasarrúas polo barrio, no que se anima a veciñanza a participar disfrazada e a sumarse ao ambiente festivo desta convocatoria. A entrega de premios do concurso de disfraces pechará o programa ás 20.30 horas.
 
Mar Gómez felicitou a ASCM e a Comisión de Festas da Gándara por manter esta convocatoria un ano máis na tempada estival, e destacou que se trata dunha proposta inclusiva e con carácter interxeracional, pensada para gozar dunha xornada de Entroido no verán e animar de novo as rúas da cidade, neste caso do barrio da Gándara.
 

Lea también

Finaliza a campaña contra a violencia machista no ambito deportivo «Narón Adestra en Igualdade»

O Concello de Narón finalizou a campaña «Narón Adestra en Igualdade», posta en marcha para …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *