Valdoviño convida a asistir ó espectáculo de maxia «Foto Foto» con Dani García

O Concello de Valdoviño convida a veciños e visitantes a asistir este xoves 9 de xullo ao espectáculo de maxia “Foto Foto” con Dani García. A función dará comezo ás 20:30 horas no campo da festa de San Bartolo, e chega ao municipio co apoio da Deputación da Coruña a través da Rede Cultural.

O espectáculo está protagonizado por un fotógrafo ambulante de hai máis dun século, que porta unha vella cámara de fol e maletas cheas de segredos. Semella un oficio que hoxe soa case a maxia. Así, durante o que podería ser un día calquera de traballo, este personaxe tenta exercer a súa profesión: preparar a cámara, buscar a luz perfecta, ordenar os seus improvisados modelos e capturar instantes únicos.

Pero os obxectos cobran vida, as imaxes rebélanse, o tempo estírase e dóbrase, e cada fotografía convértese nunha pequena aventura. O espectáculo desenvólvese como unha sucesión de escenas nas que a maxia, o humor e o teatro xestual se mesturan coa participación do público, especialmente das nenas e nenos, que pasan de ser espectadores a protagonistas

Con esta proposta, o Concello de Valdoviño continúa apostando por sacar a actividade da casa da cultura nos meses de verán, descentralizando a programación nas diferentes parroquias. Neste caso, Sequeiro.

Lea también

A Ópera Studio de Cedeira celebra a súa quinta edición

Trinta alumnos e alumnas, entre instrumentistas e vocalistas, participarán nas actividades formativas e recitais que …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *