Danza, música e humor na semana central do ciclo ‘Xullo, Mes da Patria’ de Fene

Este luns 6 de xullo ás 20.30 horas, a praza do alcalde Ramón José Souto González acolle o espectáculo de danza contemporánea Un Baile Ceibe en Comunidade, da compañía de Fran Sieira, unha proposta que revisita o folclore galego desde unha linguaxe escénica actual. A continuación terá lugar o concerto do grupo Encrucillada, que celebrará o seu décimo aniversario cun repertorio centrado na música para baile e foliada.

Un Baile Ceibe é unha peza coreográfica de 25 minutos de duración cun elenco de 4 bailadoras e bailadores dirixida polo propio Fran Sieira, con música de MounQup (Camille Hedouin) e vestiario de Érica Oubiña.

 

Trátase dunha adaptación coreográfica do espectáculo Ceibe en diurno, na que se plasma a esencia das coreografías grupais máis representativas da obra.

O martes 7 de xullo ás 20.30 orash celebrarase unha nova edición do tradicional Festival de Habaneiras e Canto Coral, coa participación da Rondalla Estrelecer, da Coral Polifónica Agarimo de Sillobre, de Tradicoro e da Coral Polifónica O Pote de Maniños.

O mércores 8 de xullo, a programación continuará coa actuación do humorista David Amor, que presentará o espectáculo “O Amor está no aire” a partir das 21.30 horas na praza do Alcalde Ramón José Souto González (entrada con invitación).

Love está no aire é o último espectáculo do humorista e actor David Amor. Nel, o pontevedrés fala das súas novas inquedanzas sen pasar por alto unha das súas paixóns: os aeroportos. David pensaba que non podía escribir un novo guión para un monólogo se pasaba todo o día vendo a televisión… Ou si? Porque, de súpeto, deuse conta de que hai programas de televisión que merecen ser contados.

O acto central do ciclo Xullo, mes da Patria terá lugar o xoves 9 de xullo. Ás 20.00 horas celebrarase no Parque Lineal do Río Cádavo, diante do Monumento ao 25 de Xullo, a lectura da Declaración Institucional polo Día da Patria, que correrá a cargo de Paco Oti, humorista gráfico, investigador teatral, dramaturgo e membro fundador do grupo de teatro do CCRD Perlío.

A partir das 21.30 horas, a música tomará o protagonismo na praza do alcalde Ramón José Souto González coa actuación da Orquestra Bravú Xangai, unha das formacións máis representativas da música galega contemporánea. E, a continuación, actuará Loita Amada, que presentará o seu último traballo discográfico, caracterizado pola combinación de diferentes estilos musicais e unha marcada mensaxe social.

 

Lea también

Inscripción abierta en los talleres de cerámica que impulsa Valdoviño en el Pantín Classic

El Ayuntamiento de Valdoviño organiza este año, en el marco de la programación del Abanca …