Valdoviño culmina as prácticas na hostalería local no marco do Plan Municipal Mellora

A cervecería El Gitano, a pizzería cervecería Campelo e o Pide&Pika ofreceron nas súas instalacións prácticas non laborais a algúns dos veciños participantes no curso de cociña básica e avanzada que organizou o Concello de Valdoviño no marco do Plan Municipal Mellora.

Fuente Concello de Valdoviño/ Pizzería Campelo

Un programa que busca facilitar a entrada no mercado laboral a persoas en situación de desemprego mellorando a súa formación en sectores con demanda. Neste caso, a hostalería.

O alcalde, Alberto González, quixo agradecer e poñer en valor o apoio dos tres negocios, clave para que o alumnado completase esta acción formativa. A experiencia resultou do máis positiva, e mesmo El Gitano formalizaba os primeiros contratos, dando esa oportunidade laboral que buscaban as persoas participantes.

Fuente Concello de Valdoviño/ El Gitano

As prácticas viñan precedidas da formación teórica-práctica que o Concello levaba a cabo no local social de Pantín, coa colaboración da asociación veciñal, e que dispón de todo o equipamento e infraestrutura necesarias. Dada a boa acollida, o Concello xa pensa en reeditar a iniciativa.

Lea también

Cedeira reafirma o seu éxito de modelo turístico cuns 70.000 visitantes en Santo André de Teixido

A aposta polo turismo activo, da man de empresas locais, confírmase un verán máis para …