Aprazado en Fene o Día do Deporte na Rúa

Perante as elevadas temperaturas previstas para este domingo, con alerta vermella nivel 3, o Concello de Fene anuncia o aprazamento do Día do Deporte na Rúa.

A xornada, que inclúe múltiples actividades deportivas e de lecer para todas as idades, adíase previsiblemente para o mes de setembro ao obxecto, segundo explicou a alcaldesa de Fene, Sandra Permuy, “de evitar riscos innnecesarios e de non expoñer nin á poboación nin ao monitoriado e traballadores e traballadoras participantes ás temperaturas extremas que se agardan para a fin de semana”

Con respecto á tirolina xigante que se instalou na avda do Tarrío (perto do Centro de Saúde)e que ía funcionar durante toda a fin de semana no marco da programación do Deporte na Rúa, o Concello de Fene anuncia tamén a súa cancelación.

 

Lea también

Agenda cultural da fin de semana en Cabanas

Este sábado día 3 de octubre Cabanas acoge a las 19.30 horas el Novo inicio …