Este xoves 25 preséntase a 10º edición do Jazz de Ría no Café Teatro do Pazo da Cultura de Narón

Archivo- Ruta polos balcóns, Jazz na Ría 2024

A dirección do festival e representantes da Deputación da Coruña e dos Concellos que acollen o festival presentarán un avance da programación da décima edición do Festival Jazz de Ría este xoves 25 de xuño ás 19:00 horas no Café Teatro do Pazo da Cultura de Narón. Participarán na convocatoria: Aitana Cuétara, directora do Festival Jazz de Ría, Marián Ferreiro, alcaldesa do Concello de Narón, Ángel Alvariño, alcalde do Concello de Neda, Pablo Moreda, alcalde do Concello de Cedeira, Alberto González, alcalde do Concello de Valdoviño y Cristina García, deputada responsable de Plans Provinciais da Deputación da Coruña.
 
Tamén asistirán ao acto Diana Cendán, concelleira de Cultura e Patrimonio do Concello de Cedeira, Marián Bello, concelleira de Cultura e Turismo do Concello de Neda, Tamara Sabín – corresponsable da área de Cultura, Educación, Xuventude, Servizos Sociais, Sanidade e Turismo do Concello de Valdoviño, Gustavo del Río, xefe de negociado do Concello de Narón.

O encontro incluirá un pequeno directo a cargo do saxofonista Ismael Cives e o acordeonista Fran Trashorras, que achegarán ao jazz melodías da música popular ofrecendo unha primeira mostra do ambiente e a identidade sonora que acompañará este Jazz de Ría 2026, nun diálogo perfecto entre o jazz e os arquivos da tradición.
 

Lea también

Unha unidade ADOS visita Narón este martes 23

A Axencia Galega de Doazón de Órganos, Sangue e Tecidos (ADOS) instala este martes 23 …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *