A praia do lago das Pontes dispón de servizo de socorrismo ata o 15 de setembro

A praia do Lago das Pontes conta desde o pasado 15 de xuño do servizo de socorrismo operativo, un recurso fundamental para garantir a seguridade dos usuarias e favorecer un desfrute responsable deste espazo durante a tempada estival.

O dispositivo permanecerá activo ata o 15 de setembro, en horario de 12:00 a 20:00 horas, todos os días da semana. Durante toda esta franxa horaria, a praia conta con dous socorristas, encargados de realizar labores de vixilancia, prevención e intervención ante posibles incidencias.

A posta en marcha deste servizo supón unha garantía adicional para as centos de persoas que cada verán elixen a praia do Lago como lugar de lecer e baño. A presenza de persoal especializado permite ofrecer unha resposta rápida ante calquera emerxencia, contribuíndo a incrementar a seguridade e a tranquilidade tanto das persoas usuarias como das súas familias.

Ademais, desde o pasado 1 de xuño, na praia do Lago ondea de novo a Bandeira Azul, un distintivo internacional que recoñece a calidade das augas, a xestión ambiental, a seguridade e os servizos que se prestan neste enclave. Este recoñecemento consolida a praia do Lago como un referente turístico e ambiental, avalando o esforzo realizado para manter uns elevados estándares de calidade.

O Concello das Pontes reafirma así o seu compromiso coa seguridade, o coidado do entorno e a mellora continua dos servizos públicos, co obxectivo de que veciñanza e visitantes poidan gozar dun verán seguro nun dos espazos máis emblemático do municipio.

Lea también

Valdoviño promueve un Curso de Digitalización gratuito para mayores de 60

Consta de 5 sesiones, que se celebran en junio y julio, en el centro social …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *