Festa do Marisco da Confraría de Barallobre en Xuvia

A Deputación súmouse esta fin de semana á Festa do Marisco da Confraría de Barallobre en Xuvia (Narón) cun espazo propio centrado na súa campaña ‘A Paisaxe que sabe‘, unha iniciativa institucional que promove o potencial agroalimentario dos municipios coruñeses.

Carpa en la fiesta del marisco de la Diputación de A Coruña | Foto Galicia Ártabra

O organismo provincial instalou neste evento unha carpa como escaparate da gastronomía e artesanía da provincia, unindo nun mesmo ambiente exclusivo as demostracións culinarias en directo e o traballo de vangarda de seis recoñecidos creadores do tecido artesanal coruñés.

O público que visitou a feira de Narón puido coñecer de preto as propostas de Cecilia Machado coa marcaMoira Artesanía’, José Rodrigo Riveiro Requeijo a través de Ferraxe de Prata, Iria García Pérez co selo ‘Vacatola’, Sergio Picos Carballeira baixo a firma ‘Comeluz’, María Isabel Alonso Brandariz de Bo Peixe e Berta García Calderón co proxecto ‘Na Mea Nani’.

A cociña en directo converterase nun dos grandes atractivos de ‘A Paisaxe que sabe‘ grazas aos showcookings que impartiu Nair González, recoñecida chef do restaurante ‘Muelle 43’ de Mugardos. A cociñeira ofreceu un total de tres pases diarios, asegurando así unha ampla cobertura para que todos os visitantes poideran descubrir as súas creacións.

Foto Galicia Ártabra

O menú deseñado para o sábado centraose no produto Mariño a través dunha tosta de vieira de Ferrol mariñada con crema de queixo do Eume e cítricos da Fusquenlla, e posteriormente un prato protagonizado polo polbo de Mugados.

Na xornada deste mesmo domingo, a proposta ofreceu en primeiro lugar un carneiro en salsa da ría para pechar a programación cun fresco ceviche atlántico de peixe sapo.

Lea también

Aberto en Narón o prazo para reservar plaza na ludoteca este verán

Os grupos, organizados por idades entre 3 e 12 anos, funcionarán de luns a venres …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *