A Xunta achega as profesións do mar ó alumnado do CEIP Cruceiro de Canido en Ferrol

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participa nun dos obradoiros deste programa, enmarcado dentro da iniciativa Movemento Azul da Consellería do Mar.

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participa no CEIP Cruceiro de Canido nun dos obradoiros do programa Un Mar de Profesións, enmarcado dentro da iniciativa Movemento Azul, impulsada pola Xunta, a través da Consellería do Mar, co fin de fomentar o coñecemento, a formación e a participación da mocidade galega no ámbito da actividade marítimo-pesqueira.

A proposta, neste caso enfocada a alumnos de 4º e 5º de Primaria, desenvólvese nun espazo formativo específico organizado en tres estacións temáticas que achegan ao alumnado diferentes ámbitos da actividade marítima. Na primeira, centrada na pesca e no marisqueo, os participantes coñecen a importancia de respectar as tallas mínimas e descobren artes tradicionais compatibles coa conservación dos recursos mariños.

Na segunda convértense en observadores científicos, identificando especies autóctonas do litoral galego mediante técnicas de observación e análise inspiradas na ciencia.

A terceira estación está dedicada á navegación e permite aos escolares familiarizarse coa interpretación de cartas náuticas e co uso de instrumentos básicos para o trazado de rutas pesqueiras adaptadas á súa idade.

O espazo de aprendizaxe está construído con materiais sostibles, elaborado a partir de taboleiros fabricados con casca de arroz e de mexillón.

Ao remate das actividades, o alumnado recibiu un Pasaporte de profesións do mar, ademais doutro material divulgativo co que seguir explorando os contidos abordados durante a xornada. A representante do Goberno galego destacou a importancia destas accións “que achegan á poboación, xa dende os colexios, a unas profesión tan importantes para Galicia e o seu desenvolvemento ao longo do tempo”.

Lea también

Ferrol en Común celebra el acuerdo con Narón sobre el saneamiento y pide retirar la subida del 40% en el recibo del agua

Ferrol en Común ha mostrado su satisfacción por la firma del convenio este jueves entre …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *