Apertura nas Pontes do prazo de matrícula na EIM A Barosa para o curso 2026/2027

O Concello das Pontes informa de que, entre o 16 e o 30 de xuño de 2026, permanecerá aberto o prazo para a formalización da matrícula da Escola Infantil Municipal EIM correspondente ao curso 2026/2027.

A documentación necesaria para completar o proceso entregarase nun sobre facilitado pola propia escola. As familias de novo ingreso poderán recoller este sobre nas instalacións da escola, en horario de 10:30 a 13:00 horas.

Pola súa banda, os nenos con reserva de praza recibirán o sobre directamente a través do centro, no seu horario habitual de asistencia. Unha vez cumprimentada toda a documentación requirida, o sobre deberá ser devolto á escola dentro do prazo establecido.

Para máis información, as familias poden dirixirse á Escola Infantil Municipal.

Lea también

Fene condena un novo acto vandálico na pasarela de San Valentín e fai un chamamento ao civismo

Os danos afectan a un treito de varanda dunha infraestrutura de mantemento compartido entre o …