Javier Varela achégase a Ares para presentar ‘Luces en la tormenta’.

O autor conversará o vindeiro venres, 12 de xuño, ás 20:00 horas coa concelleira de Cultura, Alma Barrón, arredor deste conxunto de relatos de narrativa psicolóxica.

O salón de actos da Alianza Aresana acolle este venres 12 de xuño, unha nova presentación literaria co foco posto en ‘Luces en la tormenta’, o libro de relatos do escritor Javier Varela.

A partir das 20:00 horas o autor estará xunto coa edil de Cultura, Alma Barrón, falando arredor destes textos que se vinculan coa narrativa psicolóxica, onde gran parte da acción acontece internamente nos protagonistas, respondendo ademais á pregunta de que pasa cando non te queda nada ao que aferrarte, e semella que o mundo se derruba. Que faros xorden nesas situacións vitais, e como é posible saír máis fortalecido ante estas experiencias complicadas que nos atravesan.

Así, os relatos de Luces en la tormenta sitúan ó lector ante nove vidas ao borde do abismo, nove crises transformadoras e nove personaxes que, xusto no límite, atopan unha chispa de esperanza entre a oscuridade.

SOBRE O AUTOR

Javier Varela, afincado en Ferrol, é escritor e musico. Enxeñeiro de formación, durante anos compaxinou a súa profesión técnica cunha consulta privada de naturopatía. Despois de décadas escribindo e compoñendo en privado, na actualidade adica o seu tempo á creación tanto no eido musical coma literario. Luces en la tormenta: relatos al borde del abismo é a súa primeira obra publicada, namentres traballa xa nunha próxima novela.

Lea también

El Aula UNED de Ferrol acoge una conferencia sobre el impacto del Nilo en el Antiguo Egipto

El Aula UNED de Ferrol (situada en la calle María, 52-54) se convertirá este viernes, …