A carreira celebrarase o domingo 14 a partir das 11:00 horas.

O Concello de Valdoviño amplía ata este mércores 10 de xuño o prazo de inscrición na IX Volta ás Forcadas, que se celebra este domingo 14 a partir das 11:00 horas. O trámite debe realizarse a través do portal web de Carreiras Galegas, onde a cidadanía pode consultar tamén o regulamento da carreira.
Está dirixida a nenos e persoas adultas, con diferentes distancias segundo a categoría -dende os 100 m ata os 9 km-. A inscrición é gratuíta -agás na absoluta, cunha cota de 3 euros-.
A cita deportiva forma parte do circuíto de carreiras populares da Deputación da Coruña, e permitirá desfrutar dunha contorna única entre as parroquias de Loira e Vilaboa.
Organizada polo Concello, conta coa colaboración da Cooperativa de Vilaboa, así como co apoio de Policía Local e Protección Civil.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
