Inauguración en Valdoviño da exposición de fin de curso das Aulas de Artes Plásticas e Cerámica

 

Fuente Concello de Valdoviño

A casa da cultura de Valdoviño acollía este pasado venres á tardiña o acto de inauguración da exposición colectiva dos alumnos da Aula Municipal de Artes Plásticas que guía Manuel Carballeira en Loira e máis da Aula Municipal de Cerámica que imparte Martina Beceiro en Vilaboa.

Foi un acto do máis concorrido, no que os artistas e as artistas locais sorprenderon, e moito, coas súas creacións. A mostra poderá visitarse ata o 21 de xuño na sala de exposicións temporais da casa da cultura, de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas

Lea también

Juan Galán presenta en Ferrol o seu último libro, “Rotspanier. Un miliciano galego no exilio francés”

A Casa do Pobo de Ferrol, (r/ Carme, 4) acolle este xoves a presentación do …