O Concello de Narón pon en marcha un ano máis a súa Oficina de Turismo, situada no parque de Freixeiro, que abrirá as súas portas o 9 de xuño e manterá o seu funcionamento ata o 8 de outubro, cubrindo así catro meses de tempada turística.
A oficina atenderá ao público de martes a venres en dobre quenda, de 10:00 a 13:00 horas pola mañá e de 16:00 a 20:00 horas pola tarde. Os sábados o horario amplíase unha hora, con atención de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Os domingos a oficina abrirá só en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 horas. Os luns permanecerá pechada ao público.
O equipo da oficina orientará os visitantes en todo o que precisen: dende onde aloxarse ou que rutas percorrer ata que festas ou actividades culturais teñen lugar no municipio durante a súa estancia. O persoal tamén resolverá dúbidas, entregará material informativo e ofrecerá a venda de credenciais.
Este servizo está financiado pola Deputación Provincial da Coruña, a través do Programa de subvencións dirixido a concellos e agrupacións de concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, destinado a sufragar o gasto deç persoal das oficinas de turismo durante o exercicio 2026.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
