Unha unidade de ADOS visita Narón este martes

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) manterá unha unidade móbil na cidade de Narón este martes 9 de xuño. O vehículo permanecerá operativo a carón do centro de saúde, en horario de 9:00 a 14.30 e de 15.30 a 21:30 horas.

Dende ADOS lembran a importancia de manter hábitos axeitados antes de doar sangue. Así, recoméndase que as persoas que acudan pola mañá tomen o seu almorzo con normalidade, e que aquelas que o fagan pola tarde agarden dúas horas despois do xantar.

As persoas doantes deberán acreditarse coa tarxeta de doante, o DNI ou outro documento oficial de identificación, e informar ao persoal médico no caso de estar a seguir algún tratamento farmacolóxico.

O sangue non se pode fabricar e só é posible obtelo coa doazón de persoas solidarias que axudan a outras a recuperar a saúde. Grazas ás persoas que doan sangue, cada ano pódese axudar a preto de 31.000 persoas enfermas nos hospitais galegos.

ADOS anima a buscar 15 minutos para doar sangue e salvar vidas. Para máis información pódese contactar co teléfono gratuíto 900 100 828, visitar a web ados.sergas.gal ou as redes sociais de ADOS.

Lea también

A cultura viaxeira toma Narón no VI Gulliver Fest coa presenza de Rosa María Calaf e Pablo Strubell

O festival reunirá do 6 ao 9 de agosto en Pedroso charlas, música e obradoiros …