Ares conmemora os 100 anos do Mercado Municipal

A institución aresá propón un acto para celebrar o centenario deste edificio (1926-2026) deseñado por Antonio Tenreiro Rodríguez, unha infraestrutura que é un exemplo paradigmático do racionalismo arquitectónico galego do século XX. O evento impulsarase este luns 8 de xuño, coa desvelación da placa conmemorativa dos 100 anos ás 13:00 horas e, posteriormente, a actuación do grupo As Pías.

Cen anos agóchanse nas paredes do Mercado Municipal de Ares. Cen anos dun espazo municipal que segue a cumplir unha función fundamental na vila como lugar de encontro entre a veciñanza. Un fito que se conmemorará o luns, 8 de xuño, no acto que organiza o Concello destinado a celebrar e lembrar a sua materialización en 1926.

Foi en febreiro dese ano cando se certificou a data de finalización da obra, dando comezo á historia do Mercado Municipal de Ares, un epicentro de dinamización devenda de produtos de proximidade que perdura a día de hoxe.

Así, o vindeiro luns desvelarase unha placa conmemorativa do centenario por parte do alcalde da localidade, Julio Ignacio Iglesias Redondo, e achegarase o grupo As Pías para poñer música á celebración dos cen anos de historia.

UN EXEMPLO DA ARQUITECTURA RACIONALISTA DA POSGUERRA

O Mercado Municipal de Ares supón unha mostra do traballo dun dos arquitectos máis recoñecidos de Galicia: Antonio Tenreiro Rodríguez. O mercado aresá é un expoñente singular da arquitectura racionalista da posguerra no litoral galego, fusionando no seu deseño a funcionalidade industrial coa estética naval.

O propio edificio sintetiza un modelo de patrimonio vivo, ancorado ás raíces do municipio, e que tamén recibiu nesta anualidade unha boa nova en materia infraestrutural, ao obter o Concello case 200.000 euros para a súa rehabilitación, unha nova intervención que permitirá continuar na senda de dignificación e posta en valor dun inmoble que é, a todas luces, un símbolo da identidade de Ares.

Lea también

Valdoviño volve facilitar prácticas non laborais ao alumnado do London Institute

Cinco estudantes de Programación en Linguaxes Estruturadas completarán 175 horas que lles darán acceso ao …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *