Neda enviará aos fogares material informativo para mellorar a xestión dos residuos domésticos

Nova iniciativa no marco da campaña de sensibilización “Reducir, reutilizar e reciclar está nas túas mans”. Co obxectivo de mellorar a clasificación en orixe dos residuos domiciliarios, o Concello de Neda enviará aos fogares da localidade un folleto divulgativo, detallando o que vai en cada colector.

A administración local remitirá nas vindeiras semanas ao redor de 2.000 misivas con este material informativo, que explica, de forma gráfica, o que debe ir parar ao colector amarelo (envases de plásticos, metal e bricks), e aos iglús azul (papel e cartón) e verde (envases de vidro) que hai distribuídos por todo o municipio, así como aos 170 composteiros entregados ás familias nedenses nos últimos anos.

En paralelo, o tríptico, que complementa a trintena de publicacións realizadas nas redes sociais nas últimas semanas, e estará dispoñible proximamente na web municipal, informa sobre recollidas adicionais que existen na localidade. Así, detense nos puntos de recollida de aceite de cociña usado; nos de roupa e calzado usados; nos de medicamentos, ou nos de residuos perigosos como pequenos aparellos eléctricos e electrónicos, pilas, lámpadas fluorescentes ou tóner, sen esquecese de apuntar a existencia do servizo gratuíto de retirada de voluminosos.

Trátase dunha acción máis da campaña “Reducir, reutilizar e reciclar está nas túas mans”, destinada a tratar de minorar a cantidade de refugallos que van parar ao colector de restos, é dicir, a fracción que non se aproveita, e incrementar a cantidade de residuos que se reciclan na vila, prestando especial atención a acabar cos impropios que van parar aos 192 colectores existentes no territorio municipal.

Precisamente son esas as condicións que Sogama establece para que os Concellos poidan optar a un prezo bonificado polo tratamento do lixo, tras a subida experimentada no 2025.

Lea también

Os aseos da praia da Marnela en Valdoviño quedan fóra de servicio temporalmente

Unha avaría na bomba deixa sen auga os aseos da praia de Marnela, en Valdoviño, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *