Aprobación en Cedeira das propostas dos sextos Orzamentos Participativos e das do CLIA

Alumnado do CEIP Nicolás do Río e do IES Punta Candieira defenderon diante da corporación as súas propostas, que van desde mellorar o acceso á praia das Sonreiras ata a realización de actividades de turismo activo ou un mural colectivo.

Fuente Concello de Cedeira

O pleno da corporación de Cedeira celebrado esta semana, aprobou por unanimidade tanto as propostas dos sextos Orzamentos Participativos como as do CLIA “Ondinas na Vila”, as primeiras por valor de 20.000€ e as segundas cun custo de 5.765€.

Por un lado, executaranse os proxectos de limpeza e mellora do acceso á praia das Sonreiras, o desenvolvemento dun programa de turismo activo e un ciclo de Cine na Rúa, e por outro a organización dunha xornada multideporte e a creación dun mural colaborativo baixo a titoría do coñecido viñetista Luis Davila. “Estamos orgullosos deste proceso -dixo o alcalde, Pablo Diego Moreda Gil-; Cedeira ten presente e futuro coa nosa mocidade”.

Fuente Concello de Cedeira

Álvaro Hermida Rodríguez, de 4o de ESO, e Catuxa Moure González, de 2o, encargáronse da presentación dos Orzamentos Participativos. “Comprobamos que demandas foron escoitadas e se levan a cabo”, dixo Álvaro na súa intervención, á que seguiu a de Catuxa: “aprendimos a pensar sobre as necesidades da vila, e que moitas veces as nosas preferencias non coinciden coas da maioría, pero é un aprendizaxe o feito de reflexionar e debater sobre o que é necesario mellorar para a poboación de Cedeira”.

O Consello Local de Infancia e Adolescencia (CLIA) “Ondiñas na Vila” levou tamén hoxe diante do pleno as propostas nas que traballaron ao longo do curso e que finalmente seleccionaron como prioritarias. Así, nenos e nenas do CEIP Nicolás do Río defenderon a organización dunha xornada multideporte, na que poder probar disciplinas como datchball, petanca, baloncesto e futbolín.

Fuente Concello de Cedeira

Será preciso un investimento de 1.300€ para sufragar a participación do Clube Petanca Coruña e a adquisición de tres futbolíns, xa que o resto das actividades desenvolveranse con medios propios. E rapaces do IES Punta Candieira, integrantes tamén do CLIA, presentaron a proposta de realizar un mural colaborativo, nunha parede próxima ás pistas de pádel da localidade, para o que se contratará ao viñetista e muralista Luís Davila. O custe desta acción será de 4.465€.

Tanto o proceso dos orzamentos participativos como o funcionamento do CLIA “Ondiñas na Vila” como órgano consultivo, son iniciativas inseridas nunha política municipal que aposta por involucrar as novas xeracións de Cedeira no presente e no futuro do seu concello, dándolles voz para seren non só quen de sinalar as súas necesidades senón tamén para se converter en parte das solucións.

Cómpre recordar que o Concello de Cedeira forma parte desde hai un ano da rede de Cidades Amigas da Infancia.

Lea también

El primer hidroducto gallego, que conectará As Pontes con Mugardos, sale a exposición pública

La infraestructura, con una inversión de 8,6 millones de euros y promovida por Reganosa en …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *