O Saturnino Montojo de Ferrol proclamouse gañador da ‘I Liga Escolar de Debate da Xunta’

Un total de 60 alumnos de 15 institutos de toda Galicia participan no programa, que se desenvolve en tres fases.

O Instituto Saturnino Montojo (Ferrol) proclamouse gañador da I Liga escolar de debate impulsada pola Xunta de Galicia, mentres que o IES Xulián Magariños (Negreira) foi subcampión. A fase final desenvolveuse no IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, na Coruña, ata onde se achegou o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, para felicitar o alumnado participante polo seu traballo neste certame.

Acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, o titular do departamento educativo da Xunta destacou o traballo tanto dos estudantes como dos profesores que se prestaron a preparalos para este concurso. Así mesmo, agradeceu a implicación dos 15 centros e 60 alumnos participantes ao longo das tres fases desta liga.

Román Rodríguez lembrou que esta iniciativa enmarcada dentro das accións da Consellería de Educación para o reforzo da competencia lectora a través do Plan MEGA de mellora educativa de Galicia. “Trátase dunha actividade pensada para que o alumnado prepare os temas e traballe a súa oratoria e a exposición e defensa de argumentos, ao tempo que fomentamos o diálogo, a resolución pacífica das discrepancias e o traballo en equipo”, salientou. “Esta primeira edición foi un éxito que demostrou as aptitudes de todos os rapaces participantes e a súa capacidade de enfrontarse a novos desafíos”, dixo.

O equipo gañador do certame, composto por Inés Toimil, Martina Santorum, LadaZulinska, Mariana González, Carmen Hermida e Sara Pérez, recibe un distintivo especial. Ademais, o profesorado participante obtén certificacións de innovación educativa.

Lea también

Ferrol en Común reclama que el dique cubierto figure como prioridad en el nuevo plan estratégico de Navantia

Ferrol en Común ha reclamado este miércoles que el Gobierno central incluya la construcción de …