A campaña ‘Quere o teu mercado’ chega ao mercado da Magdalena de Ferrol

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros xunto ao director territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Juan José Couce no mercado da Magdalena en Ferrol

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou este sábado, xunto ao director territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Juan José Couce, o mercado da Magdalena en Ferrol no marco da celebración dunha nova edición da campaña Quere o teu mercado, unha iniciativa coa que se busca promover os mercados e prazas de abastos de Galicia, incentivar o consumo de produtos frescos e poñer en valor as compras de proximidade e a profesionalidade e bo facer das praceiras e praceiros.

Durante a visita, Aneiros destacou que o obxectivo é reforzar o papel dos mercados como “espazos de excelencia, modernidade e sostibilidade” e salientou o traballo que está a realizar a Xunta a través do Plan Estratéxico de Comercio de Galicia, con actuacións como pulo ao selo Mercados Excelentes a través de axudas específicas. Da mesma forma, a delegada animou a todos os cidadáns a achegarse aos mercados e prazas de abastos para facer as súas compras.

Campaña Quere o Teu Mercado en Ferrol

A delegada territorial insistiu no compromiso do Goberno galego co comercio de proximidade dentro do que se enmarcan iniciativas como a de hoxe e lembrou a importancia de darlle visibilidade aos mercados, atraer novo público consumidor e promover o produto galego de calidade.

Lea también

Ferrol aumenta un 9% los visitantes atendidos en la Oficina Municipal de Turismo de la Praza de España durante junio

Ferrol continúa consolidando su crecimiento como destino turístico. La Oficina Municipal de Información Turística (OMIT) …