O SPEIS de Narón inicia unha formación de rescate en altura en espazos naturais da Costa Ártabra

O Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (SPEIS) do Concello de Narón está a levar a cabo unha formación especializada en rescate en altura en contornas naturais, coa que se pretende mellorar a capacidade de resposta ante emerxencias en terreos de difícil acceso.

Rescate SPEIS Narón

A formación, de carácter obrigatorio para todo o cadro de persoal do servizo, organízase en tres edicións co fin de garantir a participación da totalidade dos traballadores. A primeira delas tivo lugar en Pena Lopesa (O Val), aproveitando as condicións naturais que ofrece a Costa Ártabra como escenario de adestramento.

Rescate SPEIS Narón

Durante as sesións formativas, os bombeiros traballan na adaptación ao medio natural en situacións de rescate en altura, empregando o material específico para este tipo de intervencións. Entre as técnicas practicadas figuran a instalación de puntos de ancoraxe tanto en rocha como en pedra, ascensos e descensos por paredes verticais, así como o uso de tirolinas para o transporte de persoas feridas.

Con esta iniciativa, o SPEIS de Narón reafirma o seu compromiso coa formación continua e a mellora permanente das competencias do seu equipo, con especial atención ás intervencións en contornas naturais complexas, características do litoral galego.

Rescate SPEIS Narón

Lea también

O Grupo Alxibeira, do Padroado de Cultura de Narón, estrea “Congostra” este sábado 11

Quique Peón dirixe esta peza de nova creación da agrupación folclórica do Padroado de Cultura …