Valdoviño axuda á veciñanza a tramitar as solicitudes para o programa Benestar en Balnearios

É preciso solicitar cita previa no departamento de Servizos Sociais.

O Concello de Valdoviño, a través dos Servizos Sociais, axuda aos veciños a tramitar as súas solicitudes para participar na nova convocatoria do programa autonómico Benestar en Balnearios. Tan só teñen que solicitar cita previa no 981 48 70 41 ext. 5; no departamento (planta baixa da casa consistorial) ou email servizos.sociais@concellodevaldovino.com.

O programa está dirixido a persoas de 60 anos en adiante ou de 55 e a condición de pensionista, empadroadas nalgún concello galego, e que poidan valerse por si mesmas para as actividades da vida diaria, entre outros requisitos.

Ademais, poderán ir acompañadas de cónxuxes, parellas de feito ou persoas coas que manteñan unha relación estable e de convivencia cunha relación análoga á conxugal, ou cos fillos cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, ademais de calquera outra persoa que desexe participar e cumpra cos condicionantes marcados na convocatoria.

Benestar en Balnearios ofrece estancias de 10 días e 9 noites en réxime de pensión completa nunha serie de balnearios da Comunidade entre o 15 de xullo e o 31 de decembro. O prezo a aboar depende da categoría, e oscila entre os 285 e os 397 euros.

Entre os servizos incluídos inclúense os tratamentos termais, un programa de actividades de animación sociocultural e unha póliza colectiva de seguro turístico. A presentación de solicitudes está aberta ata o próximo 26 de xuño.

Lea también

Valdoviño celebra este domingo su Feirón mensual

Está organizado por la Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra con el …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *