Moeche celebra a XI Carreira popular

A XI Carreira popular Concello de Moeche ten lugar este domingo, 31 de maio, a partir das 11.00 horas en San Ramón con 240 de persoas inscritas, 147 persoas adultas e 93 menores.

Foto arquivo/ Fuente Concello Moeche

As probas para a rapazada terán os seus percorridos, coma o ano pasado, dentro da zona do recinto feiral e as rúas principais do centro urbano; a proba absoluta, de 6,5 quilómetros de trazado, chegará até a Casabranca e o CEIP San Ramón.

Pechadas as inscricións  a carreira conta con 240  persoas inscritas. O evento organízase en seis carreiras distintas, entre as 11.00 horas que sae a primeira e as 13.00 aproximadamente que comezará a derradeira. Son probas adaptadas a todas as idades, desde os 75 m. para a categoría de Pituf@s, isto é, os nenos e nenas máis pequenas, ata os 6,5 km da proba absoluta. A saída e chegada para todas as probas estará situada no tramo paralelo á nave do Mercado

Dará comezo ás 11.00 horas coa saída das participantes da categoría de Pitufos -rapazada nada en 2020-2022-, que deberán percorrer 75 metros en paralelo á Nave do Mercado. Dez minutos despois sairán as persoas participantes en Sub 8 femininos e masculinos, neste caso sobre unha distancia de 200 metros.

A da categoría Sub 10 arrancará a continuación para percorrer medio quilómetro de distancia por parte do centro urbano. E seguirán as diferentes categorías ata rematar coa carreira absoluta . A distancia a percorrer nesta última proba é de 6.500 metros, cun amplo circuíto que discorrerá por San Ramón e chegará até a Casabranca. O trazado é case todo asfaltado, con algúns tramos de terra e herba.

O Concello contará con persoal de voluntariado entre a veciñanza, o movemento asociativo e  Protección Civil  de Neda e Valdoviño para colaborar na organización e no dispositivo de tráfico, que obrigará a cortar a circulación entre as 11.00 e as 13.00 horas. Antes desa hora poderá accederse aos aparcamentos da estrada provincial DP4901(San Ramón-  Cristo de Rañal) e do centro urbano, aínda que se recomenda deixar os coches fóra do circuíto, é dicir, na estrada da Feira e ao longo da Avenida 23 de Abril. No recinto feiral estará prohibido aparcar.

Haberá premios simbólicoa: a rapazada de menor idade, que levarán medalla, quede no posto que quede, e nas demais categorias  concederanse tres trofeos e outros tantos queixos doados por Lácteos Moeche, tanto en feminino como en masculino. A organización tamén reserva premios para as dúas persoas empadroadas no concello que rexistren os mellores tempos.

A XI Carreira popular de Moeche está organizada pola concellaría de Deportes coa colaboración de colectivos veciñais, A.VV Labacengos, AVCR Val de Moeche, da Deputación da Coruña, de Protección Civil de Valdoviño e do Xeoparque do Cabo Ortegal. Ademais de Lácteos Moeche e FisiocheBen, tamén axuda (co avituallamento) e A Tenda de Iria.

Corte da circulación
A circulación, conforme ao plan de tráfico, estará cortada entre as 11.00 e as 13.00 horas. Haberá persoal voluntario en cada cruzamento, coa finalidade de facilitarlles o percorrido ás corredoras e corredores e evitar que poida entrar no circuíto algún vehículo, aínda que entre carreira e carreira permitirase o acceso , especialmente á farmacia que ese día está de garda

As zonas afectadas polos cortes son o interior do recinto feiral, Cristo do Rañal desde preto do campo de fútbol até o CEIP San Ramón -tamén parte da estrada paralela-, e a estrada da Feira e Avenida 23 de Abril. Desde o Concello solicítase que- chegando con antelación- se utilicen como estacionamentos as beiravías das rúas municipais que conectan coa estrada de Ortigueira -diante do CEIP San Ramón e a Avenida e 23 de abril- e tamén se poderá aproveitar para deixar o coche nunha das marxes da estrada provincial DP 4901(San Ramón- Cristo do Rañal). Lémbrase que non se poderá aparcar dentro do recinto feiral de San Ramón

Lea también

El Club Arco Narón convoca el XXI Trofeo «Cidade de Narón»

La competición se desarrollará el sábado 24 de Octubre de 2026 en el Pabellón da …