A Deputación da Coruña impulsa un encontro profesional para posicionar o Xeoparque Cabo Ortegal como un destino sustentábel

O encontro serviu para impulsar novas colaboracións comerciais e presentar a plataforma de reservas e o novo Dossier de Empresas do territorio.

Intervención Cristina García -Xornada Xeoparque/ Fuente Diputación de A Coruña

 

A Casa da Cultura do Concello de San Sadurniño acolleu unha xornada de comercialización dirixida a conectar o tecido empresarial turístico do territorio do Xeoparque Cabo Ortegal con axentes comercializadores especializados en natureza, ecoturismo e turismo activo.

A iniciativa, organizada no marco do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD), financiado polos fondos europeos NextGenerationEU, ten como principal obxectivo favorecer a comercialización da oferta turística do territorio, facilitar contactos directos entre oferta e demanda e impulsar a creación de produto turístico e experiencias vinculadas ao Xeoparque Cabo Ortegal.

A xornada contou con representación institucional da deputada de Plans Provinciais, Cristina García Rey; a vicepresidenta da Asociación para a Xestión do Xeoparque Cabo Ortegal, Beatriz Bascoy Maceiras; e o alcalde de San Sadurniño, Secundino García Casal. Ademais, presentouse a plataforma de reservas do Xeoparque e o novo dossier de empresas do territorio.

O eixe central do encontro foi un obradoiro en que se deron cita axencias de viaxes e operadores con 18 empresas turísticas do territorio. A dinámica desenvolveuse mediante reunións rápidas, con rotacións organizadas para maximizar o número de contactos profesionais e facilitar a xeración de futuras colaboracións comerciais.

A xornada completouse con visitas experienciais a diferentes iniciativas turísticas do territorio, permitindo aos axentes coñecer de primeira man os recursos e experiencias do destino.

Con esta actuación, a Deputación da Coruña e o Xeoparque Cabo Ortegal continúan avanzando na profesionalización e posicionamento turístico do territorio, apostando por un modelo de desenvolvemento baseado na sustentabilidade, a autenticidade e a creación de experiencias de alto valor engadido.

Lea también

La SAF inaugura en el Casino Ferrolano la exposición colectiva «Paisaje Gallego 2026»

Este miércoles la Sociedad Artística Ferrolana (SAF) ha inaugurado su exposición ‘Paisaje Gallego 2026’ en …