Neda celebra a XXIV Gala do Deporte, coa atleta Esther Pedrosa como madriña

A XXIV Gala do Deporte de Neda conta este ano cunha madriña de excepción. A compostelana Esther Pedrosa, auténtica lenda do atletismo galego e español, acompañará este mércores 20, a partir das 20 horas, na Casa da Cultura, aos e ás deportistas locais recoñecidos nesta cita polo esforzo, traballo e resultados obtidos ao longo da tempada 2024-2025.

Na XXVI Gala do Deporte de Neda serán galardoados polos seus méritos un total de 28 deportistas locais das máis diversas disciplinas (fútbol, fútbol sala, natación, atletismo, tenis, automobilismo, baile deportivo, triatlón…)

No transcurso da cerimonia, na que se entregarán cinco mencións especiais, desvelarase quen son as mellores promesas masculina e feminina (menores de idade) e quen merece o título de “mellor deportista de Neda”.

E para amadriñar as entregas, o Concello contará cunha atleta internacional cunha traxectoria, que abrangue máis de catro décadas. Trátase da plusmarquista e múltiple campioa mundial Esther Pedrosa Carrete (Santiago, 1961).

Da traxectoria desta pioneira, que aínda non pensa en colgar as zapatillas, cómpre apuntar que conseguiu 19 títulos galegos absolutos en cross; que foi campioa de España de gran fondo no 1986; que ademais foi medallista e campioa europea máster en distintas probas de fondo; que ostenta récords mundiais máster en 800 e 3.000 metros na categoría W60 ou que foi elixida mellor fondista máster europea do 2021 pola European Masters Athletics. Un exemplo que inspira.

Lea también

Neda contrata temporalmente a catro albaneis para realizar melloras nos espazos públicos da localidade

Comeza a traballar a cuadrilla municipal de obras contratada no marco do Programa de Emprego …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *