Neda contrata temporalmente a catro albaneis para realizar melloras nos espazos públicos da localidade

Comeza a traballar a cuadrilla municipal de obras contratada no marco do Programa de Emprego Local (PEL- Concellos 2026) que financia a Deputación da Coruña. Neda vén de incorporar durante seis meses a un total de catro albaneis para realizar tarefas de mellora nas vías, parques e outros espazos públicos de municipio.

Un dos traballadores do PEL CONCELLOS 2026- Fuente Concello de Neda

O programa do Concello de Neda ten como obxectivos o fomento do emprego nos concellos mediante a contratación de persoal a tempo parcial para a prestación dos servizos municipais básicos e a execución de pequenas obras de reparación e mantemento relacionadas con eses servizos.

Segundo a memoria do proxecto, o seu labor será a execución das obras de reparación nas vías e nos espazos públicos. Detallan as bases da convocatoria que, entre outras tarefas, ocuparanse da reparación pavimentos, substitución de materiais deteriorados, eliminación de barreiras arquitectónicas, arranxo de sumidoiros, pintado de sinalización horizontal (un traballo este último que están a realizar neste momento).

A iniciativa permitirá traballar a tempo parcial (87,5 %) ao longo de medio ano a catro persoas que se atopaban ata o de situación de desemprego e contaban con especiais dificultades de inserción laboral.

Lea también

Neda se prepara para vivir a tradición dos xigantes e cabezudos

Betanzos, Nigrán e Lalín confirman a súa presenza no evento que recuperará o vindeiro 6 …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *