O VIDOC regresará o 15 de xuño a Valdoviño para facilitar á veciñanza os trámites co DNI e pasaporte

A cidadanía xa pode solicitar cita no teléfono 682 681 441.

Coincidindo coa súa estancia no municipio, o Vehículo Integral de Documentación da Policía Nacional (VIDOC) avanzaba este lúns a data da súa próxima visita a Valdoviño. Unha nova oportunidade para que os veciños e veciñas poidan acceder ao servizo de expedición e renovación de DNI e pasaporte en Valdoviño, sen necesidade de moverse da localidade. 

Será o 15 de xuño, en horario de mañá. Deste xeito, as persoas interesadas en solicitar cita poden chamar xa ao teléfono 682 681 441, de luns a venres de 10 a 14 horas.

O VIDOC é unha iniciativa do Ministerio do Interior destinada a deslocalizar a expedición do DNI e do pasaporte, mellorando así a accesibilidade destes servizos públicos. A través deste sistema, a veciñanza pode realizar todo o proceso nun único acto, e recibir a documentación no momento. Estes vehículos, incluídos no Plan de Identidade Dixital da Dirección Xeral da Policía, contan coas mesmas funcionalidades que unha unidade fixa de documentación. Así mesmo, permiten actualizar os certificados dixitais do DNI electrónico, grazas a un punto de actualización de documentación.

Confirmada a cita, dende o Concello recoméndase acceder á web da Policía Nacional ou do Ministerio do Interior para informarse sobre a documentación que é preciso achegar para realizar o trámite, tamén dispoñible na web municipal. Ademais, o pago pola renovación ou expedición de DNI e pasaporte deberá realizarse neste caso en efectivo.

Lea también

Neda se prepara para vivir a tradición dos xigantes e cabezudos

Betanzos, Nigrán e Lalín confirman a súa presenza no evento que recuperará o vindeiro 6 …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *