Julia M.ª Dopico y Vale de Piñeiro
Eu ben vin estar o moucho/ Enriba d´aquel penedo/ ¡Non che teño medo, moucho,/ Moucho non che teño medo! ‒ Siempre Rosalía‒.
Reconquistar o Día das Letras en Galicia foi unha ardua tarefa que se institucionalizo no ano 1963 grazas á proposta histórica presentada por tres académicos: Francisco Fernández del Riego, Xesús Ferro Couselo e Manuel Gómez Román; declarándose o 17 de Maio como o día oficial da celebración coincidindo exactamente co centenario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, obra que marca o Rexurdimento da literatura galega contemporánea.
Rosalía é a trascendencia das fronteiras, a voz universal galega do Romanticismo, a defensora da muller e a que expresa o fondo sentir do pobo e a fala deste antiguo territorio que un día se chamou Kallaikoi e despois Gallaecia, aínda que as primeiras evidencias territoriais remóntanse ao Paleolítico inferior e a sua fala ás linguas indouropeas “indíxenas” mezcladas co latín vulgar nunha feliz e inconsciente filantropía que nos trae a lírica galaicoportuguesa, a expresión propia e única que nasce na rexión noroccidental da Península xunto a Portugal e baixo o impacto da
Provenza Francesa. Cantigas frolescidas no medioevo nas expresións sublimadas das voces poéticas, incluida a do Rey Sabio, que cantou a Santa María, sí, e tamén a María a Balteira, que non era santa, pero era libre.
Rey de Castela e León que consolidou o castelán como lingua oficial (¿) nunha tarefa continuada con Isabel e Fernando‒ tanta monta, monta tanto‒, perfilándose así os Seculos Oscuros hasta o Rexurdimento ‒ Rosalía, Curros e Pondal‒ no S. XIX e prorrogándose con Franco hasta que o Estatuto de Autonomía en 1981 reconocea como lingua cooficial.
Largo tempo de sombra‒ e non e igual ver que estar cego‒que ven a rematar co faro luminoso que alumea este día que se nomea sin os Benditos rumorosos na costa verdescente, proclamándose a tódolos ventos que a Galiça é terra de poetas‒ Vincit Omnia veritas, truth prevails, la veritá supera ogni cosa, Egiak dena ahal du, a verdade tudo pode, Al-hag ya´lu fawq kol shay´, chen lichan scheng i chie, die wahrheit siegt imner, cheqagmi tukuyta atin… ‒ Poetas “que sean todos los pueblos y todos los huertos nuestros” …
Dúceas de autores‒ individuias e colectivos‒ foron e seguen sendo homenaxeados este día sin que en ningún recuncho de Galicia prenda esta luminaria, este facho, este faro rutilante guiando coma a Rosa dos Ventos a ruta dos que navegan.
O Consello da Cultura Galega ofreció un evento central co Concerto das Letras Galegas que se celebró este sábado día 16 no Auditorio Mar de Vigo no que a cantante Uxía interpretó pezas inspiradas nos textos da homenaxeada este ano, Begoña Caamaño (Vigo,1964-Compostela 2014) xunto a outras do seu cd Indómitas entre outras cousas.
Mais…eu penso que neste Día das Nosas Letras, todo-los actos, poemas ou cancións en toda-las vilas, pobos ou cidades da Galiza e fora dela merecen honras, aplauso, consideración e relevancia.
Bandeira branca e azul. Bandeira de Mar e Ceo.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.