Da orientación laboral ós espazos de escoita: a mocidade de Narón traslada propostas ó Concello

O IES Terra de Trasancos acolleu a segunda sesión dos Espazos de Participación Xuvenil de Narón, un programa que este curso 2025-2026 reúne o alumnado de terceiro da ESO para elaborar propostas colectivas dirixidas ao Concello.
 
 
No acto estiveron presentes a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de Ensino, Olga Ameneiro, que recolleron as demandas da mocidade e responderon ás súas propostas. Desta volta, participaron preto de oitenta estudantes dos grupos de 3ºA, 3ºB e 3ºC do IES Terra de Trasancos, xunto con alumnado do CPI O Feal.
 
Durante tres horas, os grupos traballaron na construción de propostas que despois presentaron ante as representantes institucionais. Entre as súas demandas figura a creación de espazos de ocio cubertos e autoxestionados, máis lugares de entretemento coma a Casa da Mocidade, ou mellorar a prevención do acoso escolar.
 
O alumnado tamén reclamou máis frecuencia no transporte público, especialmente nas fins de semana, e máis orientación sobre estudos e saídas profesionais contando con profesionais especializados. Un dos bloques que suscitou maior interese foi o dedicado aos espazos de fala e escoita.
 
 
O alumnado solicitou lugares seguros onde poder dialogar sobre as súas preocupacións —entre elas, a sexualidade, a saúde mental e, en xeral, o benestar emocional— sen sentirse xulgados, con profesionais especializados en psicoloxía e integración social. Pediron que estes espazos se integren no horario escolar e sexan de acceso gratuíto.
 
Os Espazos de Participación Xuvenil son unha iniciativa municipal que busca incorporar a voz da mocidade no deseño das políticas locais. A sesión deste venres é a segunda do curso 2025-2026.

Lea también

Un hombre herido tras una salida de su vehículo, que colisionó contra un poste, en Narón

Pasadas las siete de la mañana de este miércoles, día 10 de junio, se registró …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *