
O Centro Cultural Carvalho Calero acolle desde esta semana unha exposición dedicada a Rosalía de Castro con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.
O concelleiro de Cultura, José Antonio Ponte Far, visitou na mañá deste venres a mostra, que poderá visitarse ata o vindeiro día 25.
A exposición está composta por 21 paneis nos que se fai un percorrido pola biografía da autora, o contexto histórico e sociocultural da súa época e tamén pola vixencia da súa obra literaria na actualidade.
Os textos informativos de cada panel están acompañados de diferentes ilustracións relacionadas tanto coa vida de Rosalía de Castro como co momento histórico no que viviu e os temas abordados na súa produción literaria.
A mostra poderá visitarse no Centro Cultural Carvalho Calero en horario de 11.00 a 13.00 horas e de 18.00 a 20.00 horas ata o próximo 25 de maio.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.