Defendida no Campus Industrial de Ferrol a primeira tese do programa de Doutoramento en Relacións Laborais e Recursos Humanos

De esquerda a dereita, Jakson Renner Rodrigues Soares, María Dolores Fernández Sánchez, Javier Montañés Sánchez e Moisés Alberto García Núñez, na Aula Magna da Facultade de Ciencias do Traballo onde se defendeu a primeira tese do programa de Doutoramento en Relacións Laborais e Recursos Humanos.

A Aula Magna da Facultade de Ciencias do Traballo do Campus Industrial de Ferrol acolleu, este mércores 13 de maio, a defensa da primeira tese do programa de Doutoramento en Relacións Laborais e Recursos Humanos, titulada “Los sistemas de trabajo de alto rendimiento en el sector turístico: variables de la Black Box y su impacto en el absentismo, la rotación, la productividad y la accidentabilidad laboral” e presentada por Javier Montañés Sánchez.

Ao longo deste traballo de investigación, afóndase nun dos problemas centrais na xestión dos Recursos Humanos: comprender como os Sistemas de Traballo de Alto Rendemento (STAR) inflúen nos resultados organizativos e na
experiencia dos traballadores e traballadoras no turismo, un sector moi caracterizado pola súa alta rotación, a súa estacionalidade e máis por unha forte dependencia do capital humano. Finalmente, o obxectivo desta tese foi o de analizar a relación entre os STAR e os indicadores ARPA (absentismo, rotación, produtividade e accidentabilidade) desde a perspectiva do traballador ou traballadora. O traballo obtivo unha cualificación de Sobresaínte e, nos
próximos días, saberemos se acadou tamén a distinción “Cum Laude”.

Esta primeira tese do programa de Doutoramento en Relacións Laborais e Recursos Humanos foi dirixida pola profesora da Facultade de Economía e Empresa, María Dolores Fernández Sánchez, e máis polo profesor da
Facultade de Turismo, Jakson Renner Rodrigues Soares, ambos os dous integrantes do Grupo de Investigación en Experiencia Turística da Universidade da Coruña (UDC). O titor deste traballo de investigación foi o profesor da Facultade de Ciencias do Traballo e investigador individual, Moisés Alberto García Núñez.

Lea también

La IV edición de «The Future of Fashion Talent» reunió a cerca de 200 participantes en el Campus Industrial de Ferrol

La vicerrectora del Campus de Ferrol y Responsabilidad Social, Ana Ares; la concejala de Educación, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *