Cris de Caldas inaugura a programación do Día das Letras Galegas en Valdoviño

O Concello de Valdoviño inaugura esta semana a programación especial con motivo do Día das Letras Galegas 2026 adicado á xornalista e escritora Begoña Caamaño. Faino cunha nova entrega do ciclo de teatro Ven o Venres, que protagoniza a narradora Cris de Caldas. Este venres 8, ás 20:00 horas, presentará no auditorio da casa da cultura o seu espectáculo «Mitoloxías disidentes. A caixa de Begoña».

A función chega ao municipio co apoio da Secretaría Xeral da Lingua, e está dirixida a un público adulto. A entrada é de balde e libre ata completar aforo.

Este espectáculo de narración oral achega ao público a vida e a obra de Begoña Caamaño como unha homenaxe viva, revisitando os mitos que ela mesma reescribiu (Penélope, Circe, Morgana…) e engadindo outros.

Deste xeito, a través da palabra, confrontarase a versión tradicional deses mitos coa mirada da autora, ofrecendo outras lecturas posibles, máis xustas e máis libres.

Lea también

Tres coros e unha rondalla celebran con Chorima o seu V aniversario no Auditorio municipal de Narón

A cita é este venres, 30 de outubro, ás 18:30 horas, co Concello de Narón …