Premio á Farmacia de Atención Primaria de Narón e Caranza no encontro galego de farmacéuticos de AP

As farmacéuticas de Atención Primaria dos centros de saúde de Narón e Caranza da Área Sanitaria de Ferrol-ASF, Mercedes Fraga Sampedro, Mª José Brage Rodríguez, e Leticia Serantes Pérez, levaron un segundo premio no encontro galego de Farmacéuticos de Atención primaria, que tiña lugar en Vigo.

Esquerda, Mercedes Fraga farmacéutica- ASF- SERGAS

Este galardón recaeu na procura por parte destas profesionais de pacientes con posibles medicacións duplicadas de hipolipimiantes, tratamentos para baixar niveis de graxa en sangue, por exemplo colesterol ou triglicéridos, en pacientes de alto risco cardiovascular. Precisamente, o obxectivo do traballo era mellorar a adherencia e a eficiencia mediante a substitución por combinacións a doses fixas.

A adherencia ao tratamento hipolipemiante en pacientes con alto risco cardiovascular (RCV), frecuentemente polimedicados, consumidores de varios tratamentos simultaneamente, representa un reto clínico relevante, explicaban. Na Área Sanitaria de Ferrol, procurouse esa duplicidade na prescrición de dous destes hipolipemiantes, a rosuvastatina en combinación con ezetimiba para alcanzar doses altas, o que incrementa a complexidade terapéutica; e substituíronse por unha soa presentación equivalente coa fin de simplificar.

Identificación de pacientes e aplicación de cambios
En consecuencia, estas profesionais realizaron un estudo de intervención en tres cotas de Farmacéutico de Atención Primaria. Identificáronse pacientes con esa duplicidade activa; e revisouse a tolerancia, función renal e adecuación terapéutica. Os candidatos seleccionados foron derivados a Cardioloxía para prescrición de combinacións fixas, e, posteriormente, o farmacéutico realizou intervención telefónica co paciente para informarlle do cambio.

En total, revisáronse 279 pacientes, e propúxose cambio a 142 deles. Esta intervención permitiu simplificar o tratamento, mellorar a adherencia percibida e optimizar o uso de recursos. “A coordinación entre atención primaria e especializada resultou clave”, indicaban no seu traballo. Ademais, grazas a estes listados de pacientes xerados, foi posible facer esa revisión farmacoterapéutica, “o que permitiu chegar a pacientes de alta complexidade que, doutro xeito, non chegarían á axenda da farmacéutica de Atención Primaria”, indicaban no traballo.

As profesionais premiadas quixeron facer partícipes deste recoñecemento á xefa do Servizo de Cardioloxía do Complexo, Raquel Marzoa Rivas, e subliñaron “a súa valiosísima colaboración e o esforzo realizado”. Destacan, igualmente, que “cando falabamos cos pacientes, agradecían a atención prestada por este Servizo de Cardioloxía e esta mellora na súa abordaxe terapéutica”.

Lea también

La Xunta iniciará el 11 de mayo la recogida de muestras de sangre para el Proxecto Xenoma en Ferrol

Las personas invitadas de forma aleatoria por mensaje SMS pueden reservar cita a través de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *