A Deputación da Coruña instala contadores intelixentes para controlar o acceso de vehículos ás Fragas do Eume

A Deputación da Coruña completa a instalación dun sistema de cálculo de vehículos en tempo real nos accesos ao Parque Natural Fragas do Eume na Capela, Pontedeume e Monfero, para garantir un turismo sostible e protexer a biodiversidade do parque.

Esta actuación forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino “Fragas do Eume”, promovido pola Deputación da Coruña e financiado con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

O proxecto culminou coa instalación de sensores de última xeración e a posta en marcha dun software de xestión avanzada en puntos estratéxicos dos municipios da Capela, Pontedeume e Monfero. Estes dispositivos permitirán aos xestores do parque obter datos exactos sobre o número de vehículos que acceden ao recinto en tempo real.

A instalación nos tres concellos clave A Capela, Pontedeume e Monfero, asegura unha cobertura integral do perímetro do parque. Os datos recollidos polo novo sistema de subscrición de software servirán para: previr a masificación en períodos de alta afluencia, optimizar os servizos públicos e de emerxencias na zona e establecer liñas estratéxicas para un turismo sostible que dinamice a economía local sen degradar a contorna.

Lea también

Merca Queixo en Pontedeume bate récord de asistencia con máis de 15000 persoas

A segunda edición da feira consolida a de Pontedeume como unha cita de referencia para …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *