As obras de reurbanización da praza do Barreiro en As Pontes entran na súa recta final

As obras de reurbanización da praza do Barreiro encaran xa a súa recta final tras varios meses de execución. Esta intervención, cun orzamento de 372.644,07 euros financiado pola Deputación da Coruña, e adxudicada á empresa Construcciones Fego Atlántico SL, forma parte da estratexia municipal dos últimos anos para mellorar a calidade dos espazos públicos destinados ao lecer e á convivencia cidadá.

O proxecto ten como obxectivo recuperar este espazo emblemático do poboado do Barreiro, transformándoo nun lugar atractivo, inclusivo e ambientalmente sostible e obras contemplan unha actuación integral destinada a transformar a actual praza do Barreiro nun espazo público máis funcional, accesible, seguro e sostible.

Para iso, definíronse varias liñas de intervención que afectan a distintos ámbitos clave. En primeiro lugar, deuse prioridade á funcionalidade do espazo, reorganizando a súa configuración para fomentar o lecer e a convivencia veciñal, apostando pola reación de novas zonas de estanza e reunión máis acolledoras, así como dunha área de xogos infantís atractiva, todo integrado nunha ampla superficie axardinada, vertebrada por itinerarios peonís que garanten a conexión coa contorna e cos edificios residenciais.

Ademais, mellorouse a accesibilidade, eliminando as barreiras físicas que dificultaban o tránsito, especialmente para persoas con mobilidade reducida. Deseñáronse percorridos accesibles conforme á normativa vixente, escollendo pavimentos seguros e ergonómicos, e facilitando o acceso adaptado a todos os portais das vivendas, garantindo así un espazo inclusivo para toda a veciñanza.

No ámbito da seguridade, o novo deseño reduce os riscos asociados ao uso diario do espazo público, incluíndo unha reorganización clara dos elementos urbanos e unha renovación do sistema de iluminación, que mellora a visibilidade e a percepción de seguridade durante as horas nocturnas.

Paralelamente, apostouse pola eficiencia enerxética mediante a substitución da rede de alumeado por luminarias LED de baixo consumo e alto rendemento, así como coa instalación dunha nova rede de rega automatizada, deseñada para optimizar o consumo de auga e favorecer a sustentabilidade ambiental.

Cómpre salientar tamén a mellora da calidade ambiental coa incorporación de especies vexetais autóctonas, resistentes e de baixo mantemento. Trátase de zonas verdes permitirán mellorar o confort térmico, ofrecer sombra nos meses máis cálidos e mitigar o impacto do vento e da choiva no inverno, ademais de contribuír á purificación do aire e á permeabilidade do terreo.

Finalmente, o proxecto inclúe un equipamento urbano sostible, con bancos, papeleiras e elementos de xogo fabricados con materiais reciclados e reciclables, que contribúen a reforzar os principios de economía circular e respecto polo medio ambiente.

Esta intervención supón un paso máis na aposta do Concello das Pontes por construír unha vila máis amable, accesible e verde, na que os espazos públicos sexan lugares de encontro, descanso e benestar para toda a veciñanza. A finalización dos traballos está prevista nas próximas semanas.

Lea también

Neda rinde homenaje a las madres de mayor edad del municipio en su “III Festival del Día de la Madre”

El Ayuntamiento de Neda organiza esta semana el III Festival del Día de la Madre. …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *