Neda destina 250.000€ anuais á limpeza do conxunto dos edificios e instalacións municipais

O Concello de Neda vén de adxudicar por 250.504 euros (IVE incluído) o servizo de limpeza de edificios e instalacións municipais, que contempla ademais os dous colexios públicos de primaria e o centro de saúde do municipio.

A nova firma asume tamén as tarefas de control de acceso e mantemento en varios equipamentos deportivos locais. A oferta de Nortex Outsourcing Global S.L. foi a máis competitiva das dúas presentadas. E a empresa, que ten que subrogar aos traballadores da anterior adxudicataria, está previsto que comece a traballar de forma inmediata.

Entre as súas responsabilidades, garantir as condicións de hixiene e salubridade requiridas para o correcto desenvolvemento das actividades tanto nas instalacións municipais como naquelas outras dependencias nas que a entidade local ten que asumir o mantemento.

Así, o contrato inclúe os traballos de limpeza de accesos, interiores e mobiliario de edificios municipais como a Casa Consistorial, a Casa da Cultura, Centro Cívico e ximnasio, Casa das palmeiras, Escola Infantil municipal, o edificio da Toeleira; noutros xestionados polo Concello como o albergue de peregrinos, e suma tamén equipamentos xestionadas por outras administracións como o CEIP Maciñeira, o CEIP San Isidro, o centro de saúde de Neda ou o Xulgado de paz.

Finalmente, a firma terá que ocuparse da conservación, mantemento, limpeza, así como o control de entrada e uso das instalacións deportivas do pavillón polideportivo municipal Ale de Paz, e do campo de fútbol Juanito González.

En total, o contrato, cunha duración dun ano prorrogable por outro, contabiliza unhas 13.524 horas de traballo repartidas ao longo dos doce meses do ano.

Lea también

Heridas dos personas en una salida de vía en Fene, una tuvo que ser excarcelada.

Dos personas han resultado heridas este miércoles después de sufrir una salida de vía con …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *