Case 500 persoas participan en Ortigueira nas actividades municipais de dinamización sociocomunitaria

O Concello de Ortigueira rexistrou unha moi boa acollida nas actividades municipais de dinamización sociocomunitaria, que contan neste curso con case 500 persoas inscritas.

A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza.

Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas.

Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.

Lea también

El pleno de Mugardos aprobó el último trámite para rehabilitar el cine Zárate y destinarlo a Biblioteca Municipal

El Ayuntamiento de Mugardos licitará a la mayor brevedad posible las obras de construcción de …