Neda demanda a Educación que acceda ao desdobre solicitado pola comunidade educativa do CEIP Maciñeira

Segundo o comprometido no último Consello escolar, o Concello de Neda dirixiuse á Consellería de Educación para que atenda e valore favorablemente a solicitude de desdobre do actual grupo de segundo de primaria do CEIP Maciñeira de cara ao curso 2026-2027. A administración local subliña no escrito a necesidade desta medida para “garantir unha adecuada atención educativa ao alumnado e unhas condicións óptimas de aprendizaxe”.

No escrito elevado ao departamento de Educación, o Concello manifesta o “total apoio e acordo tanto co documento presentado polo centro educativo como co trasladado polas familias, entendendo que ambos reflicten unha necesidade real e fundada da comunidade educativa”.

A reivindicación da comunidade educativa susténtanse en que o cómputo total dese grupo a efectos de ratio ascenderá a 27 alumnos superando a ratio máxima establecida, apuntándose incluso que a cifra pode incrementarse no caso de que haxa algún neno ou nena que repita.

A petición municipal, asinada polo alcalde, Ángel Alvariño, xunta os documentos presentados polas familias e polo centro educativo, deixando constancia expresa do respaldo ás súas demandas. O Concello confía en que “sexan atendidos coa sensibilidade e dilixencia que a situación require” e permanece á espera da resposta oficial por parte da departamento que corresponda da Consellería de Educación.

Lea también

Ares se prepara para vivir una nueva edición de sus tradicionales Alfombras Florales

El próximo 6 de junio, el municipio se vuelca en la celebración de esta muestra …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *