Valdoviño convida ás familias a asistir ao espectáculo “Nanai da China”

Con entrada de balde e libre ata completar aforo, dará comezo no auditorio da casa da cultura ás 18:00 horas.

O auditorio da casa da cultura de Valdoviño acolle este próximo domingo o espectáculo “Nanai da China”, a cargo da compañía Pérez&Fernández. Dirixido a un público familiar, dará comezo ás 18:00 horas, con entrada de balde e libre ata completar aforo.

A función chega ao municipio co apoio da Deputación da Coruña, incluída no catálogo de espectáculos cofinanciados pola Rede Cultural.

A peza teatral aúna monicreques e actores para representar unha orxinal historia repleta de maxia, aventuras e humor. Nanai é unha nena que naceu nunha noite sen lúa. Os seus veciños rexéitana por superstición, e para loitar contra esta situación, a nena e o seu avó artellan un plan que non sae todo o tempo tan ben como debería. Para descubrilo, o público terá que acudir este próximo domingo día 26 ao auditorio de Valdoviño.

Lea también

El Auditorio de Ferrol acoge «Manía» del pianista James Rhode

El pianista británico James Rhodes regresa la Ferrol este viernes 23 de octubre, para presentar …