Teatro do Asteleiro representa en Valdoviño “O caso do cadáver asasinado”

A función programada polo Concello arrincará ás 20:30 horas no auditorio.

O Concello de Valdoviño convida ao público a asistir este venres ás 20:30 horas á representación da obra “O caso do cadáver asasinado” no auditorio da casa da cultura. Alí, Teatro do Asteleiro, do Grupo Bazán, poñerá en escena esta divertidísima comedia escrita por Camilo Ces e dirixida por Luis G. Ramos.

A obra aborda  a investigación da estrana morte do marqués de Fonseca no seu domicilio, e aínda que inicialmente parece que todo está resolto coa aparición dunhas notas manuscritas de suicidio, todo se enreda porque nesa mansión nada é o que parece.

A entrada é de balde, e libre ata completar aforo.

 

Lea también

Jornada de puertas abiertas en la Biblioteca Naval de Ferrol, «la cultura también se navega»

Este viernes día 23 de octubre, con motivo de la celebración del Día Internacional de …