O Campionato de España de Surfing disputado en Valdoviño, será o escaparate dos produtores e artesáns locais

Celébrase do 29 de xuño ao 5 de xullo na praia de Pantín.

Tras unha primeira experiencia positiva no Pantín Classic, o Concello de Valdoviño aposta de novo pola promoción dos produtos e produtores locais noutro evento deportivo de primeiro nivel como é o Campionato de España de Surfing, que se celebra do 29 de xuño ao 5 de xullo na praia de Pantín.

Con ese obxectivo, lanzaba hai uns días unha convocatoria aberta ás firmas e emprendedoras locais e convocaba unha reunión de traballo, coa participación do alcalde, Alberto González, e máis da concelleira de Cultura e Turismo, Rosana García. Asistían negocios locais coma Ay Carmen Conservas, Moira, Salitre ou Vimu Handmade Design, que amosaban a súa predisposición a sumarse ao proxecto, no que colabora activamente RSM Surf School.

O Concello reservará o espazo, e habilitará o punto expositor e de venda no que as firmas poderán presentar e comercializar os seus produtos entre o público procedente de toda España. A convocatoria está aberta, e os negocios interesados en tomar parte aínda están a tempo, contactando enviando un whasapp ao número 609 66 98 01

Lea también

Inscripción abierta en Neda para participar en las escuelas de teatro infantil y juvenil

Neda retoma en noviembre las escuelas municipales de teatro. Los jóvenes aficionados al mundo de …