Presentación da 34ª edición de Galicia en Foco en Mugardos

Este xoves 4 de xuño, ás 20.00 horas, terá lugar no Baixo do Pósito a presentación da 34ª edición de Galicia en Foco, unha cita xa imprescindible co fotoxornalismo galego.

Unha oportunidade para achegarnos ao traballo de profesionais que contan a realidade a través das imaxes, deixando testemuño da actualidade, da memoria e da vida social do noso país.

A exposición poderá visitarse os días 5, 6 e 7 de xuño no Baixo do Pósito, Avenida do Mar, 1 (Mugardos).

 

Lea también

O Chanfaina Itinerante chega a Neda cunha escolma de doce curtametraxes

O Chanfaina Itinerante sae de San Sadurniño para chegar a Neda (A Coruña) o vindeiro …