O Campus Industrial de Ferrol analizou as claves xurídicas e xeopolíticas das ameazas á orde internacional

A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares, o alcalde do Concello de Ferrol, José Manuel Rey, e o director do Campus Industrial, Marcos Míguez, inauguraron, este venres 17 de abril, na Aula Magna da Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol, a xornada “Ameazas á orde internacional. Claves xurídicas e xeopolíticas”, organizada polo Grupo de Investigación Constitucional, Internacional e Europea (InCIE) da Universidade da Coruña (UDC), baixo a dirección dos investigadores Jorge Quindimil e Marta Sobrido.

Ao comezo da súa intervención, a vicerreitora do campus, Ana Ares, salientou a participación no evento de conferenciantes procedentes de distintos puntos de España, Suecia e de Brasil, así como do alumnado do grao en Relacións Internacionais que está a cursar os seus estudos no Campus de Ourense, pertencente á Universidade de Vigo (UVigo). “A vosa presenza hoxe aquí reforza un dos valores que máis apreciamos na Universidade da Coruña (UDC), o do carácter internacional do coñecemento, o da colaboración e o do intercambio académico”, explicou.

Pola súa banda, o director do Campus Industrial de Ferrol, Marcos Míguez, recalcou “a necesidade actual de promover espazos de reflexión rigorosa e de diálogo académico” e lembrou o papel da universidade como unha institución dedicada ao coñecemento e ao pensamento crítico que fomente este tipo de encontros no que persoas expertas de distintas institucións e procedencias “poidan analizar, desde unha perspectiva científica, interdisciplinar e sosegada, os grandes desafíos do noso tempo”.

Nesta mesma liña se pronunciou o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, quen puxo en valor a celebración de xornadas como esta, que “conectan o coñecemento coa realidade” e que, ademais, “consolidan ao Campus de Ferrol como un espazo dinámico e atractivo”.Estamos no primeiro Campus Industrial de España e nun campus moi vinculado tamén á actividade xurídica, e cada actividade que se organiza aquí suma, constrúe e proxecta unha imaxe positiva da universidade e da cidade”, engadiu.

O alcalde agradeceu ao equipo organizador o seu labor, así como aos asistentes a súa presenza a esta xornada que será “un espazo de reflexión proveitoso no que se compartirán valiosas ideas”.

Participaron máis de 20 internacionalistas e persoas expertas de España, Europa e de América do Sur
O programa da xornada “Ameazas á orde internacional. Claves xurídicas e xeopolíticas” inclúe en total de catro sesións de traballo. Ás 10:30 horas deu comezo a primeira das mesas, titulada “Lawfare internacional: a utilización dodereito internacional como arma estratéxica”. Nela, interviñeron Celia Martínez (Universidad Europea Miguel de Cervantes), Antonio Lazari (Universidad Pablo Olavide), Borja Montes (Universidad CEU Fernando III), Carlos Gil (Universidad de Murcia) e Ulf Birger Linderfalk (Lunds Universitet de Suecia). Exerceu de
moderadora Montserrat Abad (Universidad Carlos III de Madrid).

Ás 12:00 horas deu comezo a segunda sesión de traballo, “Conflitos territoriais e competencia polos recursos”, na que participaron Juan Bautista (Universidad de Salamanca), Juan Soroeta (Universidad del País Vasco), Elena Conde (Universidad Complutense de Madrid), Jorge Quindimi (Universidade da Coruña) e Felipe Romero (Universidad Carlos III de Madrid). Moderou a mesa Carlos Jiménez, conselleiro e avogado ante a Corte Internacional de Xustiza e o Tribunal Internacional de Dereito do Mar, así como exxefe da Asesoría Xurídica Internacional do Ministerio de Asuntos Exteriores.

A terceira sesión, titulada “A regulación internacional dos espazos comúns”, deu comezo ás 15:00 horas e, nela, interviron Alberto Jiménez (Universidad de Alcalá / Plataforma Negocio Responsable), Esther Salamanca (Universidad de Valladolid / delegación española ante a Autoridade Internacional de Fondos Mariños), Marta Sobrido (Universidade da Coruña / delegación española ante a Reunión Consultiva do Tratado Antártico) e Carmen Muñoz (Universidad de Jaén / delegación española ante a Comisión sobre a utilización do Espazo Ultraterrestre con Fins Pacíficos da ONU). Exerceu de moderadora Elena Crespo (Universidad Miguel Hernández).

Ás 16:30 horas dará comezou a cuarta a última sesión sesión “(Des)gobernanza dos océanos” na que participarán Joaquín Alcalde (Universidad de Sevilla), Carlos Teijo (Universidade de Santiago de Compostela), Alberto Arrufat
(Universitat Jaume I) e Antonio Notario, Capitán de Navío e xefe de Planeamento Político-Estratéxico do Departamento de Seguridade, dependente do Gabinete da Presidencia do Goberno. Moderou a mesa Mariano Aznar
(Universidad Jaume I).

Por último, ás 17:30 horas, tivo lugar a conferencia de clausura, impartida polo presidente da Academia Brasileña de Dereito Internacional, Wagner Menezes.

A xornada “Ameazas á orde internacional. Claves xurídicas e xeopolíticas” organízase no marco de catro proxectos de investigación: Pax Natura (Universidade Carlos III de Madrid), INVESP (Universidad Miguel Hernández),
LAWFINT (Universidad Pablo Olavide) e “Navegación, transporte e novas tecnoloxías” (Universidad de Jaume I). Os tres primeiros están promovidos polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e, o cuarto, pola Generalitat Valenciana.

Lea también

Este domingo visita guiada y teatralizada al Castro de Esmelle, organiza la cátedra de Arqueología

La Cátedra de Arqueología y Educación Patrimonial organiza, este domingo 19 de abril, una visita …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *