AXF de Ferrolterra acolle unha charla sobre seguridade e ciberestafas

A Asociación de Persoas Xordas AXF de Ferrolterra organizou esta semana unha charla informativa baixo o título “Consellos de seguridade e ciberestafas”, impartida por Beatriz Miño, da Delegación de Participación Cidadá da Comisaría da Policía Nacional de Ferrol-Narón, adscrita á Xefatura Superior de Policía de Galicia. 

Durante a sesión, as persoas asistentes tiveron a oportunidade de coñecer ferramentas e recomendacións prácticas dirixidas a reforzar a seguridade na contorna dixital, así como a previr posibles fraudes e situacións de ciberestafa, unha problemática cada vez máis presente na sociedade actual. 
 
Desde a Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra valórase moi positivamente a realización deste tipo de iniciativas, que contribúen a achegar información útil e accesible á comunidade, fomentando a autonomía e a seguridade no uso das novas tecnoloxías. 
 
Así mesmo, a entidade desexa agradecer a colaboración da Policía Nacional e, en particular, o labor de Beatriz Miño pola claridade e proximidade na transmisión duns coñecementos fundamentais para o día a día.

Lea también

Más de 4.900 personas han participado en las primeras jornadas del ensayo clínico Combogal de vacunación combinada

En Ferrol, ha habido 536 participantes en el Hospital Arquitecto Marcide. Más de 4.900 personas …